Muito per dev'a gradecer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muito per dev'a gradecer
por Joan Soairez Somesso


Muito per dev'a gradecer,
(segund'agora meu cuidar)
a Deus, a quen faz ben querer
senhor, con que pode falar
en lhe sa coita descobrir.
Mais este ben, por non mentir,
non vo-lo quis el a min dar;

mais fez-m'atal senhor haver
de que m'houve sempre a guardar,
des que a vi, de m'entender
qual ben lhe quero, e de provar
se me quería consentir
quan pouco quer, sol de mi oír
a cuita que me faz levar.

Ca ja toda per nulha ren
non na podería saber
per min; nen ar sei hoj'eu quen
mi a toda podesse creer,
mentre me viss'assí andar
viv'ontr'as gentes, e falar,
e d'atal coita non morrer,

de qual, desejando seu ben,
me faz o seu amor sofrer,
ca de mẽor morreu ja'lguén;
mais Deus me faz assí viver
en tan gran coita, por mostrar
per min ca xe pod'acabar
quant'el no mundo quer fazer.