Muitos a que Deus quis dar mui bon sén

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muitos a que Deus quis dar mui bon sén
por Pero Goterrez


Muitos a que Deus quis dar mui bon sén
e muit'alto linhag'e gran poder
e muit'outro ben, polo seu plazer,
de tod'esto me poden vencer ben;
sei-m'eu aquesto e al sei de mí:
ca todos deste mundo eu vencí
d'amar, amando a que m'en poder ten.

A melhor dona e de melhor sén
e máis fremosa que Deus fez nacer,
essa sei de coraçón ben querer,
mais de quantos donas quiseron ben
nen querrán ja; e, pero ést'é assí,
avén-m'ende o que eu non merecí:
gran desamor que m'ela por én ten.

Pero de a tant'amar, a meu sén,
máis de quantos outros Deus quis fazer
nen quantos me cuidan dest'a vencer,
venço-os én querendo-lhi gran ben,
pero que nunca d'el'al entendí
senón gran sanha, des quando a vi,
e mal talante que contra mí ten.

E, senhor rei de Portugal, aquí
julgad'ora se eu, amand'assí,
dev'a seer desamado por én.