Muitos me preguntan, per boa fe

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muitos me preguntan, per boa fe
por Fernán Gonçalves de Seavra


Muitos me preguntan, per boa fe,
preguntas que non devían fazer,
que lhes diga por quen trob', ou qual é.
E por én hei a todos a dizer
     ca non saberán quen é mia senhor,
     per mí, en tanto com'eu vivo for.

En lho dizer non sería mia prol;
e eles, pois, mi o terrían per mal,
se lho dissesse; e des i per fol
me terrían; e digo-lhes eu al:
     ca non saberán quen é mia senhor,
     per mí, en tanto como'eu vivo for.

E que han consigo de mi aficar
que lhes diga qual é a senhor que hei?
E en al deverían a falar,
que sería máis sa prol; e direi
     ca non saberán quen é mia senhor,
     per mí, en tanto com'eu vivo for.