Muitos me vẽen preguntar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muitos me vẽen preguntar
por Martim Soares


Muitos me vẽen preguntar,
mia senhor, a quen quero ben,
e non lhis quer'end'eu falar
con medo de vos pesar én,
nen quer'a verdade dizer,
mais jur'e faço-lhis creer
mentira por vo-lhis negar

e porque me vẽen coitar
do que lhis non direi per ren,
ca m'atrev'eu en vos amar.
E mentr'eu non perder o sén,
non vos devedes a temer,
ca o non pod'home saber
per min, se non adevinhar.

Non será tan preguntador
nulh'home, que sabia de min
ren per que seja sabedor
do ben que vos quis, pois vos vi.
E pois vos praz, negá-lo-ei
mentr'o sén non perder, mais sei
que mi o tolherá voss'amor.

E se per ventura assí for,
que m'er pregunten des aquí
se sodes vós a mia senhor
que am'e que sempre serví,
vedes como lhis mentirei:
doutra senhor me lhis farei
ond'haja máis pouco pavor.