Neguei mia coita des ũa sazom

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Neguei mia coita des ũa sazom
por Fernán Gonçalves de Seavra


Neguei mia coita des ũa sazom;
mas com gram coita que houv'e que hei,
houvi a falar i como vos direi:
enos cantares que fiz des entom,
       em guisa soube mia coita dizer
       que nunca mi a puderom entender!
  
E, sabe Deus, quem mui gram coita tem,
com'eu tenho, nom há poder d'estar
que nom haja i já quant'a falar;
enos cantares que eu fiz por en
       em guisa soube mia coita dizer
       que nunca mi a puderom entender!
  
Algum sabor prend'home quando diz
já quê da coita que sofr'e do mal,
com'eu sofro; mais hei a temer al:
enos cantares que des entom fiz
       em guisa soube mia coita dizer
       que nunca mi a poderom entender!