Nenguén-min, que vistes mal doente

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nenguén-min, que vistes mal doente
por Fernán Garcia Esgaravunha


Nenguén-min, que vistes mal doente
de mao mal, ond'houver'a morrer,
eu puj'a mão en el, e caente
o achei muit', e mandei-lhi fazer
mui boa cama, e adormeceu;
e espertou-s'e cobriu-s'e peeu,
e ora jamais guarido se sente.

Achei-o eu jazer desacordado,
que non cuidei que podesse guarir;
e, pois eu vi que era mal coitado,
mandei-o ben caentar e cobrir;
e, des que s'el ben coberto sentiu,
estornudou tres peidos e guariu
ja-quanto máis, e é máis arriçado.

Achei-o eu mal doente, u jazía
desacordado todo con o mal;
e non cuidava que guarecería;
mais a mercee de Deus quanto val!
que, u sa gente del desasperou,
feriu tres peidos e determinhou
e conhoceu, ca ja non conhocía.

Deste mal non cuidei que guarecesse,
pero mandei-lhi fazer ũa ren:
que aquel día per ren non comesse
e se deitasse e se cobrisse ben;
e el deitou-se e cobriu-s'entón,
e peeu ben e houve coraçón
pois de bever, e dix'eu que bevesse.