Nom me poss'eu, senhor, salvar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom me poss'eu, senhor, salvar
por Joan Soairez Somesso


Nom me poss'eu, senhor, salvar
que muito bem nom desejei
haver de vós; mais salvar-m'-ei
que nom cuidei end'acabar
mais do que vos quero dizer:
cuidei-vos, senhor, a veer.
Atanto bem houve em cuidar!
  
E dig'esto por me guardar
d'ũa cousa que vos direi:
nem cuidedes que al cuidei
de vós, mia senhor, a gãar,
senom que podesse viver
na terra vosc'; e Deus poder
me leix'haver d'i sempr'estar.
  
E dê-me poder de negar
sempr'a mui gram coita que hei
por vós aas gentes que sei
que punham em adevinhar
fazenda d'hom', ena saber.
E os que esto vam fazer
Deu'los leix'ende mal achar.
  
E Deu'los leix'assi ficar
com'eu, senhor, sem vós fiquei,
u vos vi ir, e nom ousei
ir convosco, e de pesar
houvera por end'a morrer:
tam grave me foi de sofrer
de m'haver de vós a quitar!