Nom tenh'eu que coitados som

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom tenh'eu que coitados som
por Joan Soairez Somesso


Nom tenh'eu que coitados som
d'amor (atal est o meu sem)
aqueles que nom ham seu bem
e que têm atal razom:
que pode sa coita perder
qual deles quer, quando morrer;
por que nom morre[m] log'entom?
  
Mais, de pram, algũa sazom
ham esses sabor doutra rem
e querem-xe viver por en.
Ca por al bem tenh'eu que nom
querriam já sempre viver
por tamanha coita sofrer
qual sofr'eu no meu coraçom.
  
E, Deu'lo sabe!, com pavor
viv'e sofr'esta coita tal,
que hei de sofrer pois gram mal.
E tenh'aquesto por melhor:
d'eu sofrer, cuida[nd' a] veer
a mia senhor, e atender
de poder ir u ela for.
  
Ca nom sõo eu sabedor
de per mia morte nem per al
perder coita, se me nom val
a mui fremosa mia senhor.
E Deus, se me quiser valer,
por mim, poila tem em poder,
fará-lh'haver coita d'amor.