Non perc'eu coita do meu coraçón

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non perc'eu coita do meu coraçón
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Non perc'eu coita do meu coraçón,
cuidando sempr'en quanto mal me ven
por ũa dona que quero gran ben.
E sei ja esto, se Deus me perdón,
     que nunca Deus gran coita quiso dar
     senón a quen el fez molher amar

com'a min fez. Ca des que eu nací,
nunca vi hom'en tal coita viver,
com'eu vivo, per molher ben querer.
E sei ja esto que passa per mí:
     que nunca Deus gran coita quiso dar
     senón a quen el fez molher amar

com'a min fez, mui coitado d'amor
e doutras coitas grandes que eu hei.
E pois eu ja toda-las coitas sei,
dũa cousa sõo ben sabedor:
     que nunca Deus gran coita quiso dar
     se non a quen el fez molher amar

com'a min fez. E nunca me quis dar
ben dessa dona que me fez amar.