Nostro Senhor! quem m'hoj'a mim guisasse

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nostro Senhor! quem m'hoj'a mim guisasse
por Fernán Gonçalves de Seavra


Nostro Senhor! quem m'hoj'a mim guisasse
o que eu nunca guisad'haverei,
a meu cuidar, per quanto poder hei,
ca nom sei hoj'eu quem s'aventurasse
ao que m'eu nom ous'aventurar,
pero me vej'em maior coit'andar
ca outra coita que hoj'hom'achasse!
  
Algum amigo meu, se s'acordasse,
e acordado foss'em me partir
ante da terra, e leixasse-m'ir!
E pois eu ido fosse, el chegasse
u de chegar eu hei mui gram sabor
(u est a mui fremosa mia senhor),
e lho gram bem, que lh'eu quero, contasse!
  
E me dissesse pois, se lhe pesasse,
(pero mi a mi pesaria muit'en,
se Deus me valha!); mas faria bem,
quand'eu viss'ela pois, que lhe jurasse,
qual maior jura soubesse fazer,
que nunca lhe soubera bem querer,
em tal razom per que m'ela 'stranhasse!
  
E des i pois, que m'eu assi salvasse
(se Deus me salve!) que nunca o meu
mal mais diria, nem mia coita, eu
a mia senhor, pero que me matasse
o seu amor – que xe me matará,
e[u] o sei, ced', u al nom haverá,
ca nunca foi quem tal coita levasse
  
com'eu levo, nem foi quem s'end'osmasse!