Nostro Senhor, e ora que será

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nostro Senhor, e ora que será
por Roi Queimado


Nostro Senhor, e ora que será
de min, que moiro, porque me partí
de mia senhor mui fremosa, que vi
polo meu mal? E de mí que será,
Nostro Senhor? Ou ora que farei?
Ca, de pran, niun conselho non hei,
nen sei que faça, nen que xe será

de min, que moiro, e non me sei ja
niun conselh'outro senón morrer.
E tan bon conselho non poss'haver,
pois que non coido nunca veer ja
esta senhor, que por meu mal amei,
des que a vi, e am'e amarei
mentr'eu viver; mais non viverei ja

máis des aquí, de pran, per nulha ren,
coidando sempre no meu coraçón
no mui gran ben que lh'hoj'eu quer', e non
na veer, nen a coidar ja per ren
a veer. E con aqueste coidar
coid'a morrer, ca non poss'hoj'osmar
com'eu possa viver per nulha ren,

poi-la non vej', e coid'en quanto ben
lhe vós fezestes; e tod'ar coid'al:
en com'a min fezestes muito mal,
pois ja quisestes que lh'eu tan gran ben
quisess'e non mi o fazer alongar
de a veer, e tan a meu pesar,
Nostro Senhor, u me faredes ben?

A la fe, nenlhur! Aquesto sei ja,
ca, se a non vir, nunc'haverei ren.