Nostro Senhor, que eu sempre roguei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nostro Senhor, que eu sempre roguei
por Fernán Velho


Nostro Senhor, que eu sempre roguei,
pola coita que mi Amor faz sofrer,
que mi a tolhess'e nom mi a quis tolher
e me leixou em seu poder d'Amor,
des hojemais sempre lh'eu rogarei,
       pois hei gram coita, que mi dê maior
  
com que moira; ca mui gram sabor hei,
per bõa fé, de mais nom guarecer,
pois s'El nunca de mim quiso doer
e me faz viver sempr'a gram pavor
de perder o sem; mais já gracir-lh'-ei,
       pois hei gram coita, que mi dê maior,
  
se lh'aprouguer, mui cedo; ca nom sei
hoj'outra rem com que eu visse prazer;
pois m'El nom quis nem quer del defender
e de meu mal houve tam gram sabor,
mentr'eu viver, sempr'o eu servirei:
       pois hei gram coita, que mi dê maior
  
com que moira, ca de pram al nom sei
que mi possa tolher coita d'amor.