Nostro Senhor, que non fui guardado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nostro Senhor, que non fui guardado
por Joan Lopez d'Ulhoa


Nostro Senhor, que non fui guardado
d'eu en tal tempo com'este viver,
que o que soían por ben tẽer
ora o tẽen por desguisado.
Que este mund'é ja tornad'en al
que todo prez tẽen ora por mal!
A que mal tempo eu sõo chegado!

Que mal fui eu desaventurado
que en tal tempo fui ben querer
atal dona, de que non poss'haver
ben, e por que ando mui coitado!
E as gentes, que me veen andar
assí coitado, van én posfaçar
e dizen: «Muit'anda namorado».

E de min han ja mui posfaçado
porque saben ca lhe quero gran ben,
que me devían a preçar por én,
e por én sõo máis pouco preçado;
e viv'en coita, nunca maior vi,
e mia senhor non me quer valer i,
e assí fiquei desamparado.

E esta coita ten-me chegado
a mort', e non guarrei per niun sén,
pois mia senhor non quer por mí dar ren,
de que eu sempre andei enganado.
E moir'e, pois preto da mort'estou,
muito me praz, que enfadado vou
deste mundo que é mal parado.