Nunc'assi home de senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nunc'assi home de senhor
por Roi Páez de Ribela


Nunc'assi home de senhor
esteve com'hoj'eu estou:
hei, d'ir u ela é, sabor
mais doutra rem; e pois i vou,
       nom lh'ouso dizer nulha rem,
       pero lhi quero mui gram bem.
  
E cuido-lh'eu sempr'a dizer
quando a vir, per bõa fé,
a coita que me faz haver;
e pois que vou u ela é,
       nom lh'ouso dizer nulha rem,
       pero lhi quero mui gram bem.
  
Quanta coita e quant'afã
m'ela no mundo faz levar
bem lhe cuid'eu dizer, de pram;
mais pois m'ant'ela vej'estar,
       nom lh'ouso dizer nulha rem,
       pero lhi quero mui gram bem.