Nunca tan coitad'home por molher

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nunca tan coitad'home por molher
por Roi Gomes de Briteiros


Nunca tan coitad'home por molher
fui com'eu por ũa que me non quer
fazer ben; pero, se mi o non fezer,
     é cousa guisada
     de non viver nada.
     Se mi Deus non der
     ben da ben-talhada,
     nen vid'alongada
     non mi ha mí mester.

E melhor mi sería a min de morrer
ca sempr'assí como vivo, viver
coitado pola que non quis dizer
     a min noutro día
     o per que guarría,
     per que gran prazer
     ela me faría,
     par santa María:
     non mi o quis fazer.

E poi-la eu vi, sempr'a vi punhar
en me de seu preito e de si quitar,
mais agora ja, por me máis coitar,
     por ende me disse
     que a nunca visse
     en logar estar
     que lh'eu non fugisse
     e que a non visse
     por én me matar.