O meu amig', amiga, non quer'eu

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O meu amig', amiga, non quer'eu
por Dom Dinis


O meu amig', amiga, non quer'eu
que haja gran pesar, nen gran prazer,
e quer'eu este preit'assí trager,
ca m'atrevo tanto no feito seu:
     non o quero guarir, nen o matar,
     nen o quero de mí desasperar.

Ca, se lh'eu amor mostrasse, ben sei
que lhi sería end'atán gran ben
que lh'haverían d'entender por én
qual ben mi quer, e por én esto farei:
     non o quero guarir, nen o matar,
     nen o quero de mí desasperar.

E, se lhi mostrass'algún desamor,
non se podía guardar de morte,
tant'havería en coita forte,
mais, por eu non errar end'o melhor,
     non o quero guarir, nen o matar,
     nen o quero de mí desasperar.

E assí se pode seu tempo passar,
quando con prazer, quando con pesar.