Ora começa o meu mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ora começa o meu mal
por Roi Fernández de Santiago


Ora começa o meu mal
de que ja non temía ren,
e cuidava que m'ía ben.
E todo se tornou en mal,
     ca o dem'agora d'Amor
     me fez filhar outra senhor!

E ja dormía todo meu
sono, e ja non era fol,
e podía fazer mia prol.
Mais-lo poder ja non é meu,
     ca o dem'agora d'Amor
     me fez filhar outra senhor!

Que ledo me fezera ja,
quando s'Amor de min quitou
un pouco, que mi a min leixou.
Mais doutra guisa me vai ja,
     ca o dem'agora d'Amor
     me fez filhar outra senhor!

E non se dev'hom'alegrar
muito de ren que poss'haver,
ca eu, que o quige fazer,
non hei ja de que m'alegrar,
     ca o dem'agora d'Amor
     me fez filhar outra senhor!

Ao dem'acomend'eu Amor;
e bẽeiga Deus a senhor
de que non será sabedor
nulh'hom', enquant'eu vivo for.