Ora non moiro, nen vivo, nen sei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ora non moiro, nen vivo, nen sei
por Bonifaci Calvo


Ora non moiro, nen vivo, nen sei
como me vai, nen ren de mí, senón
atanto que hei no meu coraçón
coita d'amor qual vos ora direi:
     tan grand'é que me faz perder o sén,
     e mia senhor sol non sab'ende ren.

Non sei que faço, nen hei de fazer,
nen en que ando, nen sei ren de mí,
se non atanto que sofr'e sofrí
coita d'amor qual vos quero dizer:
     tan grand'é que me faz perder o sén,
     e mia senhor sol non sab'ende ren.

Non sei que é de min, nen que será,
meus amigos, nen sei de mí ren al
se non atanto que eu sofr'atal
coita d'amor qual vos eu direi ja:
     tan grand'é que me faz perder o sén,
     e mia senhor sol non sab'ende ren.