Os que non aman nen saben d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Os que non aman nen saben d'amor
fazen perder aos que amor han.
Vedes por que: quand'ant'as donas van,
juran que morren por elas d'amor,
e elas saben pois que non é'ssi;
     e por esto perc'eu e os que ben
     lealmente aman, segundo meu sén.

Ca se elas soubessen os que han
ben verdadeiramente grand'amor,
d'alguén se doería sa senhor,
mais, por aqueles que o jurad'han,
cuidan-s'elas que todos taes son;
     e por esto perc'eu e os que ben
     lealmente aman, segundo meu sén.

E aqueles que ja medo non han
que lhis faça coita sofrer amor,
vẽen ant'elas e juran melhor
ou tan ben come os que amor han,
e elas non saben quaes creer;
     e por esto perc'eu e os que ben
     lealmente aman, segundo meu sén.

E os ben desanparados d'amor
juran que morren con amor que han,
seend'ant'elas, e menten de pran;
mais, quand'ar vẽen os que han amor,
ja elas cuidan que vẽen mentir;
     e por esto perc'eu e os que ben
     lealmente aman, segundo meu sén.