Par Deus, ai dona Leonor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Par Deus, ai dona Leonor
por Roi Páez de Ribela


     Par Deus, ai dona Leonor,
     gran ben vos fez Nostro Senhor!

Senhor, parecedes assí
tan ben que nunca tan ben vi,
e gran verdade vos digu'i,
que non podería maior.
     Par Deus, ai dona Leonor,
     gran ben vos fez Nostro Senhor!

E Deus, que vos en poder ten,
tan muito vos fezo de ben
que non soub'el no mundo ren
per que vos fezesse melhor.
     Par Deus, ai dona Leonor,
     gran ben vos fez Nostro Senhor.

En vós mostrou el seu poder,
qual dona sabía fazer;
de bon prez e de parecer
e de falar fez-vos, senhor.
     Par Deus, ai dona Leonor,
     gran ben vos fez Nostro Senhor.

Com'antr'as pedras bon rubí
sodes, antre quantas eu vi;
e Deus vos fez por mal de mí,
que ten comigo grand'amor!
     Par Deus, ai dona Leonor,
     gran ben vos fez Nostro Senhor.