Par Deus, amigos, gran torto tomei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Par Deus, amigos, gran torto tomei
e de logar onde m'eu non cuidei:
estand'alí ant'a porta d'el-Rei
preguntando por novas da fronteira,
por ũa velha que eu deostei,
     deostou-m'ora María Balteira.

Veed'ora se me devo queixar
deste preito, ca non pode provar
que me lhe oísse nulh'homen chamar
senón seu nome, per nulha maneira;
e pola velha que foi deostar,
     deostou-m'ora María Balteira.

Muito vos deve de sobervia tal
pesar, amigos, e direi-vos al:
sei mui ben que se lh'esto a ben sal,
todos iremos per ũa carreira;
ca, porque dixe dũa velha mal,
     deostou-m'ora María Balteira.