Par Deus, senhor, ora tenh'eu guisado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Par Deus, senhor, ora tenh'eu guisado
de viver mal, quant'houver a viver,
ca non quer Deus, nen vós, nen meu pecado
que me queirades per ren entender
     com'eu estou mui preto de morrer,
     e mui longi d'oír vosso mandado!

Pero sempre vos eu serví de grado,
o melhor que eu soubi de fazer;
e de todo al do mundo foi leixado.
E vós non queredes mentes meter
     com'eu estou mui preto de morrer,
     e mui longi d'oír vosso mandado!

Ja foi sazón que eu foi acordado,
se vos visse, por vós ja-que dizer.
E ora, mia senhor, non é pensado,
pois que nunca o quisestes saber
     com'eu estou mui preto de morrer,
     e mui longi d'oír vosso mandado!