Perdud'hei, madre, cuid'eu, meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Perdud'hei, madre, cuid'eu, meu amigo;
macar m'el viu, sol non quis falar migo,
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.

Macar m'el viu, sol non quis falar migo
e eu mi o fiz, que non prix seu castigo,
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.

E eu mi o fiz que non prix seu castigo
mais que mi val ora, quando o digo?
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.

Fiei-m'eu tant'en qual ben m'el quería
que non metí mentes no que fazía,
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.

Que non metí mentes no que fazía,
e fiz pesar a quen mi o non faría,
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.

E fiz pesar a quen mi o non faría,
e tornou-s'en sobre mí a folía,
     e mia sobervia mi o tolheu,
     que fiz o que m'el defendeu.