Pero que mia senhor non quer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pero que mia senhor non quer
por Fernán Rodríguez de Calheiros


Pero que mia senhor non quer
que por ela trobe per ren,
nen que lhi diga quan gran ben
lhi quero, vel en meu cantar,
non a leixarei a loar.
E pois, quando a vir, rogar-
lh'-ei por Deus que lhi non pes én.

E non lhi devi'a pesar,
ante lhi devi'a prazer,
cuido-m'eu, por homen dizer
dela ben e po-la servir,
mais devía-lho a gracir.
E a mí, por mi o consentir,
me pode por jamais haver.

Se m'ela consentir quiser
aquesto que lh'eu rogarei,
que a servia, gracir-lho-ei,
entanto com'eu vivo for;
e querrei-lhe a grand'amor.
E po-la haver eu melhor,
nunca lhi ren demandarei.

Ca, coido-m'eu, de demandar
que non pode ja máis seer
o por que home a seu poder
serv'e se non trabalha d'al.
Se alí cousimento val
ou i conhocença non fal,
que ha i pedir que fazer?