Por Deus, amiga, preguntar vos ei

Wikisource, a biblioteca livre

-Por Deus, amiga, preguntar vos ei
do voss'amigo que vos quer gran ben,
se ouve nunca de vós algun ben;
que mho digades e gracir vol'ei
-Par Deus, amiga, eu volo direi:
serviu me muit', e eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer

-Amiga, vós non fezestes razon
de que perdestes voss'amig'assi;
quando vos el amava mais ca si,
por que lhi non fazestes ben enton?
-Eu vos direi, amiga, por que non:
serviu me muit', e eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer

-Vedes, amiga, meu sen est'atal:
que, pois vos Deus amigo dar quiser
que vos muit'am'e vos gran ben quiser,
ben lhi devedes fazer e non mal
-Amiga, non lhi pud'eu fazer al;
serviu me muit', e eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer