Por Deus, senhor, nom me desamparedes

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, senhor, nom me desamparedes
por Martim Soares


Por Deus, senhor, nom me desamparedes
a voss'amor, que m'assi quer matar;
e valha-mi bom sem que vós havedes
e Deus, por que vo-l'eu venho rogar;
=e valha-mi, fremosa mia senhor,
coita que levo por vós e pavor;
e valha-mi quam muito vós valedes.
  
E valha[m]-mi porque [bem] saberedes
que vos eu nunca mereci pesar
de que me vos com dereito queixedes,
ergo se vos pesa de vos amar;
e nom tenh'eu que é torto nem mal
d'amar home sa senhor natural,
ant'é dereito e vós vo-l'entendedes.
  
E, mia senhor, por Deus, nom me leixedes,
se vos prouguer, a voss'amor forçar;
ca nom posso'eu com el, mais poder-m'-edes
vós, se quiserdes, de força guardar,
de tal guisa como vos eu disser:
senhor fremosa, se vos aprouguer,
pois m'el por vós força, que o forcedes.
  
E pois nós ambos em poder teedes,
nom me leixedes del forçad'andar:
ca somos ambos vossos e devedes
a creer quem vos melhor conselhar;
e, mia senhor, cuido que eu serei,
ca sempre vos por conselho darei
que o voss'home de morte guardedes.
  
E fiqu'Amor como dev'a ficar,
quando vos nom quiser avergonhar
de vos matar um home que havedes.