Porque nom ous'a mia senhor dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Porque nom ous'a mia senhor dizer
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Porque nom ous'a mia senhor dizer
a mui gram coita do meu coraçom
que hei por ela, se Deus me perdom!,
veed'a coit'em que hei a viver:
       ond'eu atendo bem, me vem gram mal,
       e quem mi dev'a valer, nom me val.
  
Nom me val ela, que eu sempr'amei,
nem seu amor, que me forçado tem,
que me tolheu o dormir e o sem.
Ora veed'a coita que eu hei:
       ond'eu atendo bem, me vem gram mal,
       e quem mi dev'a valer, nom me val.
  
Nem me val Deus, nem me val mia senhor,
nem qual bem lh'eu quero, des que a vi,
nem meus amigos nom me valem i!
Ai eu cativ'e coitado d'amor!
       ond'eu atendo bem, me vem gram mal,
       e quem mi dev'a valer, nom me val.