Pouco vos nembra, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pouco vos nembra, mia senhor
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Pouco vos nembra, mia senhor,
quant'afã eu por vós levei,
e quanta coita por vós hei,
e quanto mal me faz Amor
       por vós; e nom me creedes
       mia coita, nem me valedes!
  
E senhor, já perdi o sem,
cuidand'en vós, e o dormir,
com gram coita de vos servir!
E outro mal muito me vem
       por vós; e nom me creedes
       mia coita, nem me valedes!
  
Por vós me veo muito mal
des aquel dia 'm que vos vi
e vos amei e vos servi,
vivend'em gram coita mortal
       por vós; e nom me creedes
       mia coita, nem me valedes!
  
E desmesura fazedes
que vos de mi nom doedes.