Quand'eu, mia senhor, convosco falei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quand'eu, mia senhor, convosco falei
por Pero Gomes Barroso


Quand'eu, mia senhor, convosco falei
e vos dixi ca vos quería ben,
senhor, se Deus mi valha, fix mal sén,
e, per como m'end'eu depois achei,
     ben entendí, fremosa mia senhor,
     ca vos nunca podería maior

pesar dizer, mais non pud'eu i al,
mia senhor, se Deus me valha, fazer,
e fui-vo-lo con gran coita dizer,
mais, per com'eu despois m'achei mal,
     ben entendí, fremosa mia senhor,
     ca vos nunca podería maior

pesar dizer; e mal día nací,
porque vos fui dizer tan gran pesar,
e, porque m'end'eu non pudi guardar,
ca, por quanto depois por én perdí,
     ben entendí, fremosa mia senhor,
     ca vos nunca podería maior

pesar dizer do que vos dix'entón,
mais, se mentí, ja Deus non mi perdón.