Quand'hoj'eu vi per u podía ir

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quand'hoj'eu vi per u podía ir
por Joan Lopez d'Ulhoa


Quand'hoj'eu vi per u podía ir
a essa terra u é mia senhor,
e u eu d'ir havía gran sabor
e me d'alí non podía partir:
     chorei tan muito destes olhos meus
     que non vi ren e chamei muito Deus.

Preto fui én, que podera chegar,
se eu ousasse, ced'u ela é;
mais houvi gran coita, per bõa fe,
e pois d'alí me non ousei quitar:
     chorei tan muito destes olhos meus
     que non vi ren e chamei muito Deus.

Por mal de min hoj'eu o logar vi
per u ira, se ousasse, alá;
pero m'ela non fez ben, nen fará,
catando-la direi-vos que fiz i:
     chorei tan muito destes olhos meus
     que non vi ren e chamei muito Deus

que me valess', e non quis el assí,
nen me deu ren de quanto lhe pedí.