Quant'eu de vós, mia senhor, receei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quant'eu de vós, mia senhor, receei
por Fernán Velho


Quant'eu de vós, mia senhor, receei
a ver, de-lo día en que vos vi,
dizen-mi ora que mi o aguisa assí
Nostro Senhor, como m'eu receei:
     de vós casaren. Mais sei ũa ren,
     se assí for: que morrerei por én!

E sempr'eu, mia senhor, esto temí
que m'ora dizen de vós a veer;
des que vos soubi mui gran ben querer,
per bõa fe, sempr'eu esto temi:
     de vós casaren. Mais sei ũa ren,
     se assí for: que morrerei por én!

E sempr'end'eu, senhor, houvi pavor,
des que vos vi e convosco falei
e vós dix'o grand'amor que vos hei;
e, mia senhor, daquest'hei eu pavor:
     de vós casaren. Mais sei ũa ren,
     se assí for: que morrerei por én!