Que mal matei os meus olhos e mí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Que mal matei os meus olhos e mí,
que non tornei a mia senhor veer,
e lhi mentí de quanto lh'ar houv'i:
nunca per mí ja máis dev'a creer.
Pero, que val? Ca nunca eu lezer
ar pud'haver, des que m'eu d'alá vin.

E, que me val quand'eu i non tornei
u lhi convén? Hoera de tornar
sen a ousar veer. Que lhi direi?
Perque o fiz, non me poss'én salvar.
Mais Deus senhor a leixe perdõar
a min, se non, conselho non me sei.

Que coita tal, por eu buscar perdón
ou outro ben, deví'a demandar;
ca assí faz quen erra sen razón,
com'eu errei, que me non poss'achar
nen un conselho bõo que filhar,
porque non fiz seu mandado entón.