Que trist'hoj'é meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que trist'hoj'é meu amigo
por Dom Dinis


Que trist'hoj'é meu amigo,
amiga, no seu coraçón,
ca non pode falar migo
nen veer-m', e faz gran razón
     meu amigo de trist'andar
     pois m'el non vir e lh'eu nembrar.

Trist'anda, se Deus mi valha,
ca me non viu, e dereit'é,
e por esto faz sen falha
mui gran razón, per bõa fe,
     meu amigo de trist'andar,
     pois m'el non vir e lh'eu nembrar.

D'andar triste faz guisado,
ca o non vi, nen viu el mí,
nen ar oíu meu mandado,
e por én faz gran dereit'i
     meu amigo de trist'andar
     pois m'el non vir e lh'eu nembrar.

Mais, Deus, como pode durar
que ja non morreu con pesar!