Quero-vos eu ora rogar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quero-vos eu ora rogar
por Joan Soairez Somesso


Quero-vos eu ora rogar
por Deus, que vos fez, mia senhor,
non catedes o desamor
que m'havedes, nen o pesar
que vos eu faço en vos querer
ben; e devede-lo sofrer
por Deus e por me non matar.

Ca nunca vos eu rogarei
por outra ren, mentr'eu viver,
senón que vos jac'en prazer,
por Deus, senhor, esto que sei
que vos agora é pesar;
ca vos pesa de vos amar
e eu non posso end'al fazer.

Ca se eu houvesse poder
de qual dona quisess'amar,
atal senhor fora filhar
onde cuidasse ben haver;
mais de vós nunca o cuidei
haver, senhor, mais havé-l'-ei,
mentr'eu viver, a desejar.

E sabedes, des que vos vi,
mia senhor, sempr'eu desejei
o vosso ben, e vos neguei
meu cor dest', e vo-l'encobrí.
Mais agora ja por morrer,
se vos pesa, ou por viver,
se vos prouguer, vo-lo direi.