Rogaría eu mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Rogaría eu mia senhor
por Joán Nunes Camanez


Rogaría eu mia senhor,
por Deus, que me fezesse ben;
mais hei dela tan gran pavor
que lhe non ouso falar ren
     con medo de se m'assanhar
     e me non querer pois falar.

Diría-lh'eu, de coraçón,
como me faz perder o sén
o seu bon parecer; mais non
ous', e tod'aquesto mi avén
     con medo de se mi assanhar
     e me non querer pois falar.

Pois me Deus tal ventura deu
que m'en tamanha coita ten
amor, ja sempre serei seu
mais non a rogarei por én,
     con medo de se m'assanhar
     e me non querer pois falar.