Se eu a mia senhor ousasse

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se eu a mia senhor ousasse
por Joan Soairez Somesso


Se eu a mia senhor ousasse
por algũa cousa rogar,
rogar-lh'-ia que me leixasse
u ela vivesse morar;
e rogar-lh'-ia outra rem:
que o pesar que houvess'en
que todavia mi o negasse,
  
por Deus, e que de mim pensasse,
(de que nunca quiso pensar),
e de mia coita se nembrasse,
de que se nunca quis nembrar,
nem Deus, que mi a fez tam gram bem
querer, per que perdi o sem,
e nunca quis que o cobrasse.
  
E se m'ela, por Deus, mandasse
o que me nunca quis mandar
– que me nom foss'e que ficasse
ali u ela houvess'estar –
a mui gram coita 'm que me tem,
lhe perdõasse Deus por en
– e mais, se lh'ela mais rogasse!
  
E cuid'eu que lhe perdõasse,
se quisess'ela perdõar
a mim, e nom quant'al achasse
que lh'eu fige, senom cuidar.
E se lh'esto disser alguém
que éste mal, diga-lhe quem
quis Deus fazer que nom cuidasse.