Se eu ousass'a Maior Gil dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se eu ousass'a Maior Gil dizer
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Se eu ousass'a Maior Gil dizer
como lh'eu quero ben, des que a vi,
meu ben sería dizer-lho assí;
mais non lho digo, ca non hei poder
     de lhe falar en quanto mal me ven,
     e quantas coitas, querendo-lhe ben.

Como lh'eu quero ben de coraçón,
se lho dissesse, ben sería ja;
mais porque sei que mi o estranhará,
sol non lho digo, ca non hei sazón
     de lhe falar en quanto mal me ven,
     e quantas coitas, querendo-lhe ben.