Se vos prouguess', Amor, ben me devía

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se vos prouguess', Amor, ben me devía
por Fernán Padrón


Se vos prouguess', Amor, ben me devía
cousimento contra vós a valer,
que mig'havedes filhada perfía
tal que non sei como possa viver
sen vós, que me tẽedes en poder
e non me leixades noite nen día.

Por esto faz mal sén quen s'en vós fia,
com'eu, que houvera end'a morrer
por vós, Amor, en que m'eu atrevía
muit', e cuidava con vosc'a vencer
a que me vós fezestes ben querer;
e falistes-me u vos mester havía.

E por aquest', Amor, gran ben sería,
se eu per vós podesse ben haver
de mia senhor, ond'eu ben havería
sol que vos end'houvessedes prazer;
mais vós, Amor, non queredes fazer
nulha ren de quant'eu por ben terría.

E de bon grado ja m'eu partiría
de vós, Amor, se houvess'én lezer,
mais acho-vos comigo toda vía
cada u vou por me vós asconder.
E pois sen vós non posso guarecer,
se me matassedes ja, prazer-m'-ía.