Sempr'eu, senhor, roguei a Deus por mí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sempr'eu, senhor, roguei a Deus por mí
por Joan Lopez d'Ulhoa


Sempr'eu, senhor, roguei a Deus por mí
que me desse de vós ben, e non quer.
Mais quero-lh'al rogar e, pois souber
que lh'al rogo, al me dara logu'i,
     ca lhe rogu'eu que nunca me dé ben
     de vós, e cuido que mi o dé por én.

E per aquesto quero eu provar
Deus, ca muit'ha que lhe por al roguei
de vós, senhor; mais ora veerei
se me ten prol de o assí rogar,
     ca lhe rogu'eu que nunca me dé ben
     de vós, e cuido que mi o dé por én!

Pois assí é que m'el sempre deu al,
e al desej'eu no meu coraçón,
rogar-lh'-ei est', e cuidará que non
será meu ben, e dara-mi-o por mal,
     ca lhe rogu'eu que nunca me dé ben
     de vós, e cuido que mi o dé por én!