Senhor, eu vivo muit'a meu pesar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, eu vivo muit'a meu pesar
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Senhor, eu vivo muit'a meu pesar
e mui coitado, se Deus me perdom!,
por vós, que amo mui de coraçom,
que me fez Deus, por mal de mi, amar;
e por meu mal me vos foi amostrar:
       ca dê'lo dia, senhor, que vos vi,
       per bõa fé, nunca coita perdi
  
por vós, que eu por mal de mi amei,
des que vos vi, per bõa fé, senhor;
ca des entom me fez o voss'amor
na mui gram coita viver, que hoj'hei!
E por meu mal vos vi e vos falei:
       ca dê'lo dia, senhor, que vos vi,
       per bõa fé, nunca coita perdi
  
por vós, que quero melhor doutra rem,
que me fez Deus, por meu mal, bem querer;
ca em tal coita me vejo viver
que já perdi o dormir e o sem.
E por meu mal vos quero tam gram bem:
       ca dê'lo dia, senhor, que vos vi,
       per bõa fé, nunca coita perdi
  
por vós, que amo muito mais ca mi;
bem me creede, senhor, que é 'ssi.