Senhor, o mal que mi a mi faz Amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, o mal que mi a mi faz Amor
por Fernán Velho


Senhor, o mal que mi a mi faz Amor
e a gram coita que mi faz sofrer,
a vó'lo devo muit'agradecer
e a Deus que mi vos deu por senhor:
ca ben'o faço desto sabedor:
que por al nom mi o podia fazer
  
senom por vós, que havedes sabor
do mui gram mal que mi a mi faz haver;
e pois vos praz e lhi dades poder
de mi fazer, fremosa mia senhor,
o que quiser, enquant'eu vivo for
e vos de mi nom quiserdes doer
  
e da gram coita de que sofredor
fui e do mal, muit'a sem meu prazer,
a vós dev'en mui [bom] grad'apõer;
ca nom mi dê Deus de vós bem, senhor,
(que me pod'emparar de seu pavor)
se hoj'eu sei al por que o temer.
  
Mais por Deus, que vos foi dar o maior
bem que eu doutra dona oí dizer,
que me nom leixedes escaecer
em me lhe nom defenderdes, senhor
– ca bem cuido, de como é traedor,
que me mate ced', e pois nom querer
  
gracir-vo-lo, pois que eu morto for;
e por quanto bem vos fez Deus, senhor,
guardade-vos d'atal erro prender.