Senhor, que Deus mui melhor parecer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, que Deus mui melhor parecer
por Roi Queimado


Senhor, que Deus mui melhor parecer
fez de quantas outras donas eu vi,
ora soubéssedes quant'eu temi
sempr'o que ora quero cometer:
de vos dizer, senhor, o mui gram bem
que vos quero e quanto mal me vem,
senhor, por vós, que eu por meu mal vi.
  
E sabe Deus que adur eu vim i
dizer-vos como me vejo morrer
por vós, senhor; mais nom poss'al fazer!
E vel por Deus!, doede-vos de mi,
ca por vós moir', esto sabede bem;
e se quiserdes, mia senhor, por en
nom me devíades leixar morrer.
  
E já que vos comecei a dizer
bem que vos quero, se vos nom pesar,
senhor fremosa, quero-vos rogar
que vos nom pês, por Deus, de vos veer,
nem de falar vosc'; e faredes bem
e gram mesura e, quant'é meu sem,
tenho que nom há por que vos pesar.
  
E, mia senhor, por eu vosco falar,
nunca vós i rem podedes perder
e guarredes mim; e se o fazer
quiserdes, quero-vos desenganar,
senhor: todos vo-lo terram por bem.
E mia senhor, mais vos direi eu en:
muito perdedes vós em me perder.
  
Ca, mia senhor, havedes vós mui bem
como: que vos nom hei a custar rem
e servir-vos-ei já, mentr'eu viver.