Senhor fremosa, creede per mí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, creede per mí
por Men Rodríguez Tenorio


Senhor fremosa, creede per mí
que vos amo ja mui de coraçón,
e gran dereito fac'e gran razón,
senhor, ca nunca outra dona vi
     tan mansa, nen tan aposto catar,
     nen tan fremosa, nen tan ben falar

come vós, senhor; e pois assí é,
mui gran dereito fac'en vos querer
mui gran ben, ca nunca pude veer
outra dona, senhor, per bõa fe,
     tan mansa, nen tan aposto catar,
     nen tan fremosa, nen tan ben falar

come vós, por que cedo morrerei.
Pero direi-vos ante ũa ren:
dereito fac'en vos querer gran ben,
ca nunca dona vi nen veerei
     tan mansa, nen tan aposto catar,
     nen tan fremosa, nen tan ben falar!