Senhor fremosa, fui buscar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, fui buscar
por Joan Soairez Somesso


Senhor fremosa, fui buscar
conselh'e non'o pud'haver
contra vós, nem me quis valer
Deus, a que fui por en rogar.
E pois conselho nom achei
e em vosso poder fiquei,
nom vos pês já de vos amar,
  
por Deus; e se vos en pesar,
nom mi o façades entender,
e poder-m'-edes defender
de gram coita, por mi o negar.
E mia fazenda vos direi:
por bem pagado me terrei,
se me quiserdes enganar.
  
Tam vil vos serei de pagar,
se o vós quiserdes fazer,
por Deus, que vos tem em poder;
ou se me quiserdes matar,
poderedes, ca me nom sei
conselh'haver, nem viverei
per bõa fé, se vos pesar.
  
A gram coita me faz jurar,
d'amor, que nom posso sofrer;
e faz-mi a verdade dizer
(de que eu nunc'ousei falar)
da gram coita que por vós hei;
mais vejo já que morrerei,
e quero m'ant'aventurar.