Senhor fremosa, pois me non queredes

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, pois me non queredes
por Martim Soares


Senhor fremosa, pois me non queredes
creer a coita'n que me ten Amor,
por meu mal é que tan ben parecedes
e por meu mal vos filhei por senhor,
e por meu mal tan muito ben oí
dizer de vós, e por meu mal vos vi:
pois meu mal é quanto ben vós havedes.

E pois vos vós da coita non nembrades
nen do afán que mi o Amor faz sofrer,
por meu mal vivo máis ca vós cuidades,
e por meu mal me fezo Deus nacer
e por meu mal mon morrí u cuidei
como vos viss', e por meu mal fiquei
vivo, pois vós por meu mal ren non dades.

Desta coita en que me vós tẽedes,
en que hoj'eu vivo tan sen sabor,
que farei eu, pois mi a vós non creedes?
Que farei eu, cativo pecador?
Que farei eu, vivendo sempre assí?
Que farei eu, que mal día nací?
Que farei eu, pois me vós non valedes?

E pois que Deus non quer que me valhades
nen me queirades mia coita creer,
que farei eu? Por Deus, que mi o digades!
Que farei eu, se logo non morrer?
Que farei eu se máis a viver hei?
Que farei eu, que conselh'i non hei?
Que farei eu, que vós desemparades?