Tal hom'é cuitado d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tal hom'é cuitado d'amor
por Martim Soares


Tal hom'é cuitado d'amor
que se non dol ergo de si;
mais doutra guis'avén a mí,
se mi valha Nostro Senhor:
por gran coita que d'amor hei
ja sempre doo haverei
de quen dele coitado for,

e de quen filhar tal senhor
que lhi non queira valer i
qual eu filhei, que, poi-la vi,
sempre me teve na maior
coita das que no mundo sei.
E como me non doerei
de quen d'altal vir sofredor?

Ca de tal coita sabedor
sõo por quanto mal sofrí
amand'e nunca m'én partí,
e cada vez mi foi peor;
e por esto, per que passei,
de me doer gran dereit'hei
de quen assí for amador.