Tam muit'há já que nom vi mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tam muit'há já que nom vi mia senhor
por Roi Páez de Ribela


Tam muit'há já que nom vi mia senhor,
e tam coitado fui poila nom vi,
que ũa rem sei eu mui bem de mi:
pero me faz muito mal seu amor,
       a maior coita, de quantas hoj'hei,
       perderia, se a visse u sei.
  
Pero que m'ela nunca fezo bem
nem mi o fará já, enquant'eu viver,
tam gram sabor hei eu de a veer
que, se a visse, sei eu ũa rem:
       a maior coita, de quantas hoj'hei,
       perderia, se a visse u sei.
  
E vej'a muitos aqui razõar
que é mais grave coita de sofrer
vee-la hom'e rem nom lhe dizer;
mais pero lh'eu nom ousasse falar,
       a maior coita, de quantas hoj'hei,
       perderia, se a visse u sei.