Un día que vi mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Un día que vi mia senhor
por Roi Páez de Ribela


Un día que vi mia senhor,
quis-lhi dizer o mui gran ben
que lh'eu quer'e como me ten
forçad'e pres'o seu amor,
e vi-a tan ben parecer
que lhi non pudi ren dizer.

Quant'eu pugi no coraçón
mi fez ela desacordar,
ca se lh'eu podesse falar,
quisera-lhi dizer entón,
     e vi-a tan ben parecer
     que lhi non pudi ren dizer.

Seu medo, poi-la vi atal,
que houvi, me tolheu assí,
ca lhi quisera falar i
de como me faz muito mal,
     e vi-a tan ben parecer
     que lhi non pudi ren dizer.

Pero m'ela non ten por seu,
mui gran verdade vos direi:
meu mal est'é, quanto ben hei,
e fora po-lo dizer eu,
     e vi-a tan ben parecer
     que lhi non pudi ren dizer.