Vén un ricome das truitas

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vén un ricome das truitas
por Roi Páez de Ribela


Vén un ricome das truitas,
que compra dúas por muitas,
     e coz'end'a ũa.

Por quanto xi queren nenas,
compra én dúas pequenas,
     e coz'end'a ũa.

Venden cen truitas vivas,
e compra én dúas cativas,
     e coz'end'a ũa.

E, u as venden bolindo,
vai-s'en con dúas riíndo,
     e coz'end'a ũa.