Vivo coitad'em tal coita d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vivo coitad'em tal coita d'amor
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Vivo coitad'em tal coita d'amor
que sol nom dormem estes olhos meus;
e rogo muito por mia mort'a Deus;
e ũa rem sei eu de mia senhor:
       nom sab'o mal que m'ela faz haver,
       nem a gram coit'em que me faz viver.
  
Vivo coitad'e sol nom dormio rem
e cuido muit'e choro com pesar,
porque me vejo mui coitad'andar.
Mais mia senhor, que todo sabe bem,
       nom sab'o mal que m'ela faz haver,
       nem a gram coit'em que me faz viver.
  
E, meus amigos, mal dia naci
com tanta coita que sempr'eu levei;
e por que mais no mundo viverei?
Pois mia senhor, que eu por meu mal vi,
       nom sab'o mal que m'ela faz haver,
       nem a gram coit'em que me faz viver.
  
E meus amigos, nom hei eu poder
d'a mui gram coit'em que vivo sofrer.